Aberto o Concurso Literario Cambados Mar de Letras

CAMBADOS

MARTINA MISER

O Instituto Francisco Asorey, co patrocinio do Concello de Cambados, vén de convocar a súa segunda edición

23 may 2019 . Actualizado a las 09:28 h.

O Instituto Francisco Asorey, co patrocinio do Concello de Cambados, vén de convocar a segunda edición do Concurso Literario Cambados Mar de Letras de poesía e de relato curto. A el poderá presentarse o alumnado de ata 20 anos dos centros de Secundaria, de Bacherelato e dos ciclos formativos de Galicia.

As obras a concurso deberán ser orixinais, inéditas, e escritas en galego normativo. No caso da poesía, cunha extensión máxima de cen versos nun único ou varios poemas, e no relato curto, de entre tres e seis folios mecanografados a dobre espazo por unha soa cara; en ambos casos a temática é libre.

As propostas poderán ser enviadas ata o 10 de outubro por correo ordinario á dirección IES Francisco Asorey, Rúa Os Caeiros número 25, 36.630, Cambados. Deberán incluírse catro copias en papel e unha en formato dixital nun CD ou nun pendrive, co título e coa plica ou o seudónimo do autor; e cos seus datos persoais, fotocopia do dni, nome do centro no que estuda, e contacto nun sobre pechado dentro do do envío. Haberá premios de 250 e de 125 euros en cada modalidade, e as obras seleccionadas serán publicadas.