Unha homenaxe á emigración

O concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, presentou onte o espectáculo Un verso, un cantar, de Andrea Pousa e o Bruxo Queiman


Venres, 31 de maio • Auditorio da Xuventude (Cambados) • 20.30 horas • O Concello de Cambados ten pensado despedir o mes das Letras Galegas por todo o alto. O concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, presentou onte o espectáculo Un verso, un cantar, de Andrea Pousa e o Bruxo Queiman. Foi ela quen debullou o contido deste proxecto, que xa está xirando por escenarios de toda Galicia.

O libreto, dixo Andrea Pousa, conta con colaboracións de luxo. Porque moitos dos versos que se recitan durante o espectáculo, ou mesmo que se cantan, levan a firma dalgúns dos grandes autores das nosas letras. Dende Rosalía a Curros Henríquez. Sen esquecer, obviamente, a Ramón Cabanillas. De feito, para a súa visita a Cambados, explicou Queiman, fíxose unha versión adaptada na que as palabras do Poeta da Raza teñen un protagonismo especial.

Coa poesía dos mellores artistas galegos, e cun espectáculo visual e musical, pretenden os responsables de Un verso, un cantar render a súa particular homenaxe «a toda esa xente que nalgún momento tivo que emigrar» para conquistar o seu futuro e, tamén, para axudar a construír o país que tiveron que deixar atrás.

O espectáculo de Queimán e Pousa pechará o mes de maio cultural na vila do albariño.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Unha homenaxe á emigración