O BNG deseña un renovado complexo para O Pombal

La Voz

CAMBADOS

MARTINA MISER

Os nacionalistas propoñen crear unha pista multiuso, unha de volei praia e un circuito físico

16 abr 2019 . Actualizado a las 16:55 h.

O BNG de Cambados aposta por eliminar o valado metálico que rodea o complexo deportivo do Pombal para a posterior construción dunha pista multiuso, unha pista de volei praia e un circuíto físico. «A idea que sexan espazos de acceso libre en calquera horario, aos que se poida acceder dende o paseo marítimo sen ningún obstáculo», explica Víctor Caamaño, candidato nacionalista á alcaldía.