Cambados pide a Portos a desafectación dos terreos do centro de saúde

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

A intención é poder poñelos acto seguido a disposición da Xunta para que se faga cargo do mantemento da instalación

29 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cambados vai solicitar a Portos de Galicia a desafectación dos terreos que ocupa o centro de saúde, de xeito que pasen a ser de titularidade municipal e, así, polos a disposición da Xunta para que se faga cargo do mantemento da instalación. Faino ante a próxima caducidade da concesión por trinta anos -en maio do 2020- e á vista de que a Consellería de Sanidade non se fai cargo dos gastos de mantemento das instalacións.

O Concello de Cambados vén solicitándolle á Consellería de Sanidade que asuma este custe e virtude do compromiso que adquiriu de asumir o mantemento dos centros de saúde, dándolles prioridade a aqueles Concellos que teñen Puntos de Atención Continuada (PAC), como é o caso de Cambados, «dado que estes centros dan servizo a varios municipios, pero os seus gastos só son asumidos polo concello no cal se atopan», segundo indican desde o goberno local.

O concelleiro de Sanidade, Tino Cordal, entende que a solicitude a Portos é o primeiro paso para conseguir que a Xunta asuma os gastos do centro «e non ter que ser reclamados cada ano, como se fixo nestes días o Concello a través da Fegamp».

Silencio sobre pediatría

En relación ao recorte que vén de sufrir o número de pediatras en Cambados pola xubilación dun dos profesionais, a consellería optou onte por non facer declaracións. Cambados ten actualmente dous pediatras en activo, dous menos que hai un ano.