Novos talentos en Cambados

La voz CAMBADOS

CAMBADOS

Martina Miser

Presentado o libro «Cambados Mar de Letras», composto por poemas e relatos dos alumnos premiados no concurso do mesmo nome

14 mar 2019 . Actualizado a las 21:50 h.

O proxecto literario que desenvolven o Concello de Cambados e o instituto Francisco Asorey cobrou forma en papel. Baixo o selo Edicións do Serrido publícase un libro coas obras premiadas no concurso Cambados Mar de Letras, ao que concorreron estudantes de toda Galicia. O traballo presentouse hoxe nun acto celebrado no centro, ao que asistiron o concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, profesores e un grupo de alumnos, entre eles, gañadores e finalistas. As firmas póñenas Noela Sanjurjo Carballeira, Paula Domínguez Barreiro, Zaira Rey Ortega, Lucía Boullosa Álvarez, Marta Leiro Costa, Ainhoa Pereira García, Carlota Díez Herrera, María Carballo Rodríguez, Lidia López Campoamor e Alaitz Otero Gómez e os rapaces Marcos Boullosa Álvarez e Gabriel Toval Ansonera.

Todos eles recibirán un dos trescentos exemplares editados nesta primeira tirada de Edicións do Serrido. A intención do Concello e do centro educativo é que esta iniciativa se consolide no tempo como motor para promocionar a escrita nos mozos.