O Mecos empata, gaña o Cambados e perde o Dorna

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

Xornada desigual dos equipos arousáns na Liga da Asociación Galega de Fútbol Gaélico

20 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Resultados de todas as cores os rexistrados a pasada fin de semana polos tres equipos arousáns na Liga Galega Masculina de Fútbol Gaélico.

Nun choque entre rivais na zona media da clasificación, o Cambados, agora décimo, superou a domicilio por un estreito 22 (4-10) a 23 (5-08) o Braithreachas estradense. O Mecos, sétimo na táboa, non pasou do empate a 20 (2-14 por 3-11) co Keltoi, sexto, sobre o céspede sintético do Monte da Vila. Mentres, o Dorna F.G., pechacancelas da Liga, puxo a nota negativa á xornada cunha contundente derrota a mans do Herdeiros de Dhais no lalinense Campo Manuel Anxo Cortizo, 9-20 (47) a 1-07 (10).