A historia de Frankenstein chega a Cambados

b. c.

CAMBADOS

CEDIDA

10 feb 2019 . Actualizado a las 12:57 h.

Domingo • 18 horas • Auditorio da Xuventude (Cambados) • 3,5 euros e 2,5 euros en tarifa reducida • O ciclo de teatro infantil de Cambados prosegue este domingo con «Frankenstein», unha montaxe de Teatro Ghazafelhos, que presenta a este clásico do cine nunha versión particular. O fío condutor é a investigación de dous científicos que vense no medio dunha tormenta e van parar a un castelo. Alí terán que descubrir se o popular monstro existe realmente o non e atoparanse co famoso Igor.

A obra basease nunha obra orixinal de Ghazafelhos, está dirixida por Pepablo Patinho e o elenco confórmano Montse Piñón, Jorge Casas e o propio Patinho.

Ghazafelhos é unha compañía fundada en Ferrolterra, que desde o 2006 levou a escena numerosos espectáculos de monicreques, animación e teatro actoral. Agora chega a Cambados para facer rir e reflexionar ao público de todas a idades. O vindeiro domingo será a quenda de Boabab Teatro.