Un novo horizonte de oportunidades aberto ante o cambadés Ángel Sánchez

La Voz

CAMBADOS

MONICA IRAGO

07 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O W52-F.C. Porto desprazaráse este domingo a Aveiro á Proba de Abertura da rexión lusa cos nove ciclistas da escadra descartados para a Volta a Valencia. Con Gustavo César Veloso acompañado por un Ángel Sánchez que enlaza a súa quinta tempada na escadra portuguesa, á que accedeu co seu mentor vilagarcián como principal valedor xunto ás súas aptitudes, actitude, e capacidade de rendemento probadas con anterioridade.

Será esta unha campaña chea de oportunidades para o cambadés. Sen ir máis lonxe, a coincidencia da Volta a Portugal e da Volta a Burgos, a primeira de dúas semanas e a outra dunha, obrigará ao W52-F.C. Porto a tirar de 14 dos seus 16 efectivos para cubrir ambas citas, polo que «o me pasa algo, o debería estar corriendo una de las dos», comentaba esta semana o arousán.

Sánchez, que xa sabe o que é gañar carreiras profesionais, sinala que «esta es una temporada un poco distinta. El equipo sube de categoría, y va a ser una temporada más larga». Un marco que agarda aproveitar: «Mi idea es estar siempre en un buen estado de forma, al 80 %. No pasarme de vueltas, ni quedarme corto de forma. Ser lo más regular posible. Servir de ayuda para cualquier compañero que dispute la victoria. Y en el momento en que esté bien, buscar el triunfo. ¿Ganar una carrera este año? Lo veo factible».

Á espera de que o seu director deportivo concrete o seu calendario, Ángel Sánchez confesa que, hoxe por hoxe, o que máis lle gustaría é «ir al Tour de China, en octubre. Me gustaría conocer algo de su cultura, por poco que pueda ver por el autobús».