Exposalnés acolle este mes novos cursos do programa SmartPeme

Cambados LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

O programa de capacitación tecnolóxica da Deputación está dirixido a emprendedores e pemes

08 ene 2019 . Actualizado a las 09:34 h.

O centro ExpoSalnés de Cambados acollerá durante este mes de xaneiro sete novos obradoiros ao abeiro de SmartPeme, o programa de capacitación tecnolóxica impulsado pola Deputación de Pontevedra. SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación,

demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas. O punto do ExpoSalnés presta asistencia ao empresariado das comarcas do Salnés e Caldas.

O primeiro dos obradoiro deste ano será «Xestiona o teu negocio dende o móbil», que desenvolverase o xoves día 10 a partir das 19 horas. O seguinte será o martes 15 de xaneiro, cando a partir das 19 h terá lugar o curso «Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet».

O terceiro curso do ano será «Chatbots: A automatización da atención ao cliente», que terá

lugar o xoves 17 de xaneiro ás 18 h. A seguinte semana, Cambados acollerá «O márketing móbil e a súa importancia no sector turístico», o martes 22 de xaneiro ás 17 h e «Social Media Listening: o que se din do teu negocio no Internet», o xoves 24 ás 19 h. Por último, o martes 29 de xaneiro, ás 17 h, terá lugar o obradoiro «Google Calendar, moito máis que unha axenda» e o xoves 31 de xaneiro, ás 19 h, «Márketing de contidos: Como xerar unha estratexia efectiva».

A oficina SmartPeme de Cambados atópase no Paseo da Calzada e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.