Un Juventud con pouca sorte cede un punto ante un Bande traballador

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

Os de Edu Charlín foron mellores na primeira parte, e o seu rival fixo méritos para o empate na reanudación

22 dic 2018 . Actualizado a las 22:06 h.

Probablemente o Juventud Cambados e a súa afección mereceran na tarde do sábado mellor principio e final. Cun empate ante o Bande co que o conxunto dirixido por Edu Charlín abre a segunda volta da Liga de Preferente e pecha un 2018 para enmarcar, con brillante ascenso de regreso á categoría e subcampión de inverno.

O técnico local daba por bo o empate ao termo do choque. Polas circunstancias que rodearon o partido. E tamén polo bo facer do Bande na segunda parte, na que conseguíu gañar a pelexa da posesión do esférico ante un anfitrión lastrado pola pronta sustitución de Saúl por problemas musculares, a retirada aos seis minutos da reanudación do seu recambio, Grego, e a saída do cerebro do equipo, Paco Reigosa, pouco despois, no minuto 58.

Iñaki e Ramón tiveron nas súas botas o 1-0 antes xa de que Machu abrise a lata no minuto 20; nunha asistencia de Paco Reigosa ao punta cambadés na súa chegada en segunda liña á área. Ante un Bande sen o menor ademán de buscar estirarse na procura da igualada, o Juventud seguíu acumulando chegadas á portería contraria, con Iñaki e con Machu dispoñendo dos mellores remates para facer un 2-0 que nunca chegou.

Na reanudación o cúmulo de infortunios entre os efectivos de Edu Charlín, unidos á menor disponibilidade de recambios de peso no equipo polos permisos navideños de Ander e de Nacho, mermou a capacidade de xogo cambadesa ante un Bande crecido tras o seu tempraneiro empate. No minuto 47, con Adrián, o punta visitante, gañándolle as costas á zaga arousá nun pase en profundidade de Lucas desde o carril dereito.

FICHA: 

JUVENTUD CAMBADOS (1): Adrián, Iago Nogueira, Pénjamo, Saúl (Grego, min 46; David Falcón, min 51), Machu (Alexi, min 70), Reguera, Noly, Iñaki, Paco Reigosa (Félix, min 58), Andrés e Ramón

BANDE (1): Edi, Lucas (Xoel, min 74), Siño (Marcos Sotelo, min 65), Pousa, Roca, Gus, Cid, Pancho (Hugo, min 63), Adrián Rodríguez (Carlos, min 90), Galass e Petete (Ferre, min 90)

Goles: 1-0, min 20: Machu. 1-1, min 47: Adrián Rodríguez. 

Árbitro y tarjetas: Alexandre Represas (A Coruña). Amonestou os xogadores locais Noly e Andrés, e os visitantes Hugo e Xoel.

Incidencias: O partido contou con diversas mostras de recordo e de homenaxe aos mariñeiros cambadeses falecidos esta semana.