A todo o anterior o C. A. Cambados e o Concello suman como incentivo rosca gratis para os participantes e mais para o público, a fin de repetir o grande ambiente rexistrado na vila nas catro edicións anteriores da carreira. Os interesados teñen ata as 23.59 horas do xoves 28 para anotarse na San Silvestre, a través da páxina web galitiming.com.
A San Silvestre Solidaria Cambados contou o ano pasado na súa cuarta edición con medio milleiro de participantes, que entregaron más de 500 quilos de alimentos e de produtos de hixiene.