Taller de memoria, esta tarde en Cambados

A actividade foi organizada pola Deputación de Pontevedra


A Deputación de Pontevedra organiza hoxe, ás cinco da tarde, un taller de estimulación da memoria para persoas usuarias do servizo de teleasistencia domiciliaria nos concellos de Cambados, Vilanova de Arousa e Ribadumia. O obradoiro terá lugar no Salón Exposalnés de Cambados e asistirán as persoas usuarias, así como acompañantes, interesadas e interesados en participar no taller.

Prevese a asistencia dunhas 28 persoas, repartidas en 18 usuarias e 10 acompañantes. A iniciativa enmárcase no programa de actividades socioculturais para persoas usuarias do servizo de teleasistencia domiciliaria impulsado polo Goberno provincial, que se desenvolve ao longo de todo o ano en distintos municipios da provincia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Taller de memoria, esta tarde en Cambados