Cambados dá as claves para a boa educación dos nenos

La Voz

CAMBADOS

A concellería de Sanidade, Servizos Sociais e Terceira Idade de Cambados e a Asociación TDAH Salnés organizarán o venres 16 unha conferencia sobre o tema

07 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres 16 • 20 horas • Exposalnés (Cambados) • A concellería de Sanidade, Servizos Sociais e Terceira Idade de Cambados e a Asociación TDAH Salnés organizan unha conferencia sobre as claves para a boa educación. O obxectivo fundamental desta actividade é esclarecer as bases para educar aos nenos de forma correcta e que poidan acadar unha boa convivencia familiar e participación na sociedade. No acto participará o profesor Víctor Arufe, galardonado nos «Premios Educa 2017» e autor do libro «La Educación por escenarios». Un exemplar deste libro será sorteado no acto. O concelleiro de Servizos Socias, Tino Cordal, invita aos veciños a acudir a unha cita que pode ser de gran interese e utilidade para mellorar a educación dos menores.