«Estás aí?» trasládase a Cambados

r.e.

CAMBADOS

A Illa e Cambados acollen esta obra de teatro

20 oct 2018 . Actualizado a las 21:55 h.

Hoxe domingo, as sete da tarde, os auditorio da Xuventude de Cambados acolle a representación da obra Estás aí?, da compañía Redrum Teatro. Os actores Xulio Abonjo e Isabel Risco son os encargados de levar o peso desta divertida comedia «que narra os desencontros dunha parella que se muda a un novo apartamento habitado por unha personaxe invisible que os fará desesperarse coas súas travesuras». Esta é a novena producción de Redrum Teatro, unha compañía fundada en 2009 e que xa levou ao escenario unha peza de suspense, espectáculos pensados para toda a familia e diversas comedias. Neste xénero debemos enmarcar a proposta que esta fin de semana toca, dúas veces, na nosa porta.