SmartPeme celebra sete novos cursos en Exposalnés

La Voz

CAMBADOS

04 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

El centro Exposalnés (Cambados) acollerá en outubro sete novos obradoiros ao abeiro de do programa de capacitación tecnolóxica impulsado pola Deputación de Pontevedra «SmartPeme», dirixido a persoas emprendedoras e pemes que demandan servizos, asesoramento e capacitación no ámbito das TIC. O martes 9 empezará o primeiro curso, «Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics»; o día 16, «Fotografía os teus produtos ou servizos para as redes sociais»; o 18, «Vende os teus produtos en Facebook e Instagram»; o 23, «Plan de marketing online para empresas turísticas»; o xoves desa mesma semana chega «Como vender os teus produtos nun marketplace»; e o día 30 rematarase con «Crea presentacións profesionais con Prezi».