A Xunta aproba as expropiacións para unha senda en San Miguel, de dous quilómetros


vilanova / la voz

A Xunta aprobou esta semana as expropiacións e o proxecto para construír unha senda peonil en Vilanova, ao longo da PO-549 ao seu paso por San Miguel (estrada que une Vilagarcía e Cambados) e a PO-307, que comunica a anterior coa ponte da Illa. Trátase de treitos con carácter de travesía, que son bastante transitados por ciclistas e peóns.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten prevista a licitación do contrato de execución desta nova senda este mesmo ano. O orzamento estimado para as expropiacións é de case 168.000 euros e o da base de licitación do proxecto de construción é de máis de 1,8 millóns de euros.

Formingón coloreado

Construíranse sendas en formigón coloreado polas dúas marxes da estrada, que suman aproximadamente dous quilómetros de lonxitude, cun ancho mínimo de dous metros. Na PO-307 proxéctase a senda pola marxe esquerda e conectará coa xa existente na ponte da Illa.

Esta actuación está incluída no Plan de Sendas de Galicia,

cofinanciado con Fondos FEDER 2014/2020, no que se identificaron ata oito treitos prioritarios de actuación na comarca, que afectan a execución de 21 quilómetros de itinerarios e un investimento aproximado de 12,2 millóns de euros.

Neste intre a consellería ten rematado o itinerario peonil e ciclista na PO-306, entre Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa, e na estrada PO-308 están en servizo xa os tramos de senda entre a praia da Lanzada e Soutullo. Tamén está executándose a senda da PO-300 entre o polígono industrial do Salnés e o lugar de Sameiro, entre Ribadumia e Cambados, entre outras.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Xunta aproba as expropiacións para unha senda en San Miguel, de dous quilómetros