«Sorrisos transformadores» chega a Cambados

La Voz

CAMBADOS

MONICA IRAGO

Trátase dunha iniciativa para dar visibilidade ao colectivo LGTBI

16 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 17 ao 28 de setembro • Concello de Cambados • De 9 a 14 horas de luns a venres • Cambados acolle dende mañá a mostra «Sorrisos transformadores», unha iniciativa artística para a visibilización do colectivo LGTBI posta en marcha pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Familias de Persoas Trans ARELAS. O vindeiro mércores terá lugar a inauguración oficial da mostra en presenza do alumnado dos institutos da vila e haberá unha charla-coloquio coa presidenta da Asociación Arelas, Cristina Palacios.

«Sorrisos Transformadores» é unha mostra fotográfica que ten por obxectivo a reflexión, por parte da cidadanía, sobre a realidade do colectivo trans e a prevención de actitudes discriminatorias.