Viaxe para os maiores de Cambados á illa de Sálvora

O Concello abre este luns o prazo para reservar praza

.

A concellería de Servizos Sociais de Cambados está a organizar unha excursión á illa de Sálvora. A viaxe realizarase, en principio, o vindeiro venres 14 de setembro, aínda que é posible que a data sexa modificada en función das condicións meteorolóxicas. Con esta excursión conclúen as visitas ás principais illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Duascentas persoas foron xa ás illas Cíes e Ons. O prazo de inscrición ábrese este luns 3 de setembro e o lugar para facelo é o despacho de Servizos Sociais, situado no edificio municipal da rúa Ourense. Hai 150 prazas dispoñibles.

Para participar é indispensable estar empadronado no Concello de Cambados e ter cumplidos sesenta anos, segundo informa o departamento que dirixe o concelleiro Tino Cordal.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Viaxe para os maiores de Cambados á illa de Sálvora