«Ulo vermú?» pecha en San Tomé con tres actuacións

A sesión arrinca ás oito da tarde na praza do Con

.

Hoxe • 20 horas • Praza do Con (Cambados) • A última sesión do «Ulo vermú?» será moi diferente as anteriores. Cambia o horario e cambia o formato, porque desta volta actuarán varios artistas: a banda e garaxe Superser, o grupo de post-punk Travesti Afgano e o picadiscos Bimba. Para esta sesión, a organización contará con diversos colaboradores: a iniciativa multidisciplinar de Enoturismo Rías Baixas, a distribuidora Cobesa e Super Bock, a adega Paco& Lola e o Ribeira de Fefiñáns.

O espazo da praza do Con estará acondicionado con tódalas comodidades para gozar dunhas horas de música ao vivo, con servizo de barra, pinchos, asentos, e algunha sorpresa. Organizan o Concello de Cambados, a asociación Zona Centro e Ulomanía Coop. Os asistentes terán oportunidade de gozar da exposición de fotografía que Adrián Baúlde dedica ás mariscadoras.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«Ulo vermú?» pecha en San Tomé con tres actuacións