Heredeiros da Crus volve a Cambados da man de Xironsa

b. c.

CAMBADOS

MARTINA MISER

A agrupación cultural celebra o seu tradicional festival

25 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 23.15 horas • Praza da Seca (Corvillón-Cambados) • Entrada gratuíta • Un ano despois daquel éxito colleitado no sábado do Albariño, cando encheron a praza de Fefiñáns, Heredeiros da Crus volven hoxe a Cambados para participar no festival Xironsa. Pisarán o escenario a iso das once e cuarto da noite, logo de que soe a gaita de Susana Seivane, que tamén actuará hoxe en Corvillón. O colofón musical correrá a conta do grupo arousán Noite Fechada.

Pero a música empezará moito antes. Na sesión vermú actuará Leirado e logo do xantar, farano por esta orde Os D’Abaixo, Davide Salvado e a agrupación Xironsa.

Da alborada encargaranse Os Xeitosiños e para que os cativos non se aburran, durante toda a tarde haberá xogos e actuacións da man do pallaso Peter Punk, Kanbahiota e Mundo Mandarina. A festa está servida.