O C.P. Cambados gaña a Liga de Kayak de Mar Masculina

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

O equipo arousán certificou o seu triunfo impoñéndose na derradeira proba puntuable, o Campionato Galego da especialidade, en Cabanas.

14 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Chegaba líder á derradeira regata puntuable, e o Club Piragüismo Cambados soubo defender a súa posición de privilexio para certificar na tarde do pasado domingo o título de campión da Liga Galega de Kayak de Mar Masculina. Fíxoo impoñéndose na praia da Magdalena, en Cabanas, no Campionato Galego da especialidade, ao que chegaba con cinco puntos de vantaxe respecto ao Club de Mar Ría de Aldán. Na xeral particular do Campionato Galego o conxunto arousán non deu pé á discusión, sumando na clasificación da proba do domingo 1.385 puntos, polos 917 do C.P. Olívico.

O que non foi quen de conseguir o C.P. Cambados foi anular e superar os 2 puntos de desvantaxe que mantiña na clasificación da Liga Feminina co Club Piragüismo Olívico, que como o equipo arousán, soubo ratificar o título gañando o Campionato Galego en Cabanas.