Roi Domínguez leva a folla de prata do 50º. Gran Premio do Albariño

Pablo Penedo Vázquez
Pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

Mónica Irago

A proba cambadesa contou con preto de 250 corredores

12 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Roi Domínguez García pasaba a última hora da tarde de onte á historia do ciclismo modesto galego, ese do que o Gran Premio do Albariño veu servindo de cronista durante o último medio século. O corredor da Fundación Óscar Pereiro impúxose na carreira júnior masculina da proba cambadesa, que onte chegaba á nada menos que á súa quincuaxésima edición. Un triunfo que tivo como recompensa a folla de prata que acredita o mellor ciclista da cita arousá, convertida cos anos nun dos trofeos máis cobizados polos rapaces que traballan por poder dar o salto ao gran pelotón.

Con preto de 250 participantes, informaron onte desde a organización, a cargo do C.C. Cambados, o Gran Premio do Albariño, limitado a categorías base, contou con estoutros gañadores: Saray Torrado (Barbanza) e Lucas Álvarez (O Rosal), en categoría promesa, Alba Grégores (Ponteareas) e Roi Álvarez (O Rosal), principiantes, Antía Casal (Barbanza) e Gael García (Compostelano), alevín, Vania Grégores (Ponteareas) e Bruno Puceiro (Padronés), infantil, Aroa Mediavilla (Cambre) e Jorge Fernández (Ponteareas), cadete; e María Correa (Farto), júnior.