Dakidarría: «Non entendemos a música sen compromiso coa sociedade»

O grupo actúa esa noite na Festa do Albariño en Cambados

B.C.
Cambados / La Voz

Dakidarría atópase en plena xira do seu último traballo, Filosofía Incendiaria» O grupo liderado por Gabri chega a Cambados logo de tres días percorrendo España con concertos en Ávila e Alicante.

-O voso último traballo é toda unha declaración de intencións. ¿Por qué este nome?

-Porque temos a idea de que hai que cambiar de raíz todas as cousas que pasan na sociedade e collemos o lume como ferramenta depuradora.

-¿É imprescindible o compromiso social do artista?

-Claro. Non entendemos a música sen compromiso coa sociedade que nos rodea. O noso grupo naceu co obxectivo de reivindicar todas as inxustizas do mundo e enviar unha mensaxe importante.

-En «Filosofía Incendiaria» denunciades o desaloxo do centro Escarnio e Maldicir.

-Si, porque foi un tema que nos tocou moi de cerca. Foi desaloxado á forza nun acto de represión contra a liberdade de cultura. Así que esta canción é unha mensaxe de esperanza, de que si seguimos saíndo as rúas abriremos outros centros.

-Neste disco tamén está o tema «Sobran As Palabras», que é unha adaptación de The Interrupters. ¿Tedes algunha outra versión en mente?

-Non. A verdade é que esta tiñámola dende hai tempo na cabeza e quedamos moi contentos co resultado, pero agora estamos traballando en sacar máis cancións propias.

-Estades percorrendo América latina e Europa. ¿Sodes conscientes de que deixades o selo galego en todo o mundo?

-Agora é cando empezamos a darnos conta. É unha gran responsabilidade, pero estamos moi orgullosos de representar a nosa terra e de que a xente de fóra cante na nosa lingua.

-¿É especial tocar no Albariño?

-Moito. Nunca estivemos e, aínda que chegamos cansos, un concerto na terra sempre chama.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Dakidarría: «Non entendemos a música sen compromiso coa sociedade»