En Cambados, blues, pop e rock para as noites de agosto

sara meijide / s. g.

CAMBADOS

cedida

Logo da Festa do Albariño, unha nova edición do Serán de Troula dedicará cada xoves do mes a un estilo musical diferente nas rúas da vila 

24 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Por segundo ano consecutivo, chega a Cambados unha nova edición do Serán de Troula. O ciclo dá un salto cuantitativo e cualitativo «pola calidade dos grupos participantes desta ano», explica o concelleiro de Xuventude, Miguel Pérez. As actuacións terán lugar todos os xoves do mes de agosto ás nove da noite, logo da celebración da Festa do Albariño. Así, a primeira das actuacións será o xoves día 9. Á noitiña, o blues será o protagonista da velada camabadesa grazas aos grupos Mojo Experience e Resaca Brothers. Pola súa banda, a internacional Marem Ladson será a encargada de poñerlle o toque pop das noites de verán do municipio. E xa para despedir o mes musical, o venres 23 será o turno dos rockeiros Foxy Freire e Kings of the Beach. Todas as actuacións serán de balde, xa que a idea é atraer ao maior número de veciños, e turistas, posible.

Ocio xuvenil

Cristina Padín, membro da organización, explica que a idea é ampliar a oferta lúdica xuvenil de Cambados: «Que vexan que aquí hai ambiente festivo máis aló do Albariño». Por esta razón optan pola descentralización do evento. Deste xeito, as actuacións rotarán entre a avenida Alfredo Brañas, a praza das Rodas e a praza do Castriño.