«O maior premio é o feedback do público»

Xabier Díaz presenta esta noite o seu segundo traballo «Nordó», unha reflexión sobre a cultura norteña, nos Xoves de Códax

s. g.

Tras percorrer Europa e África cunha intensa xira mundial, Xabier Díaz fai un parón para iniciar un ciclo estival de concertos na súa terra. Hoxe trae ás adegas Martín Códax o seu último traballo, Nordó, unha homenaxe ao norte, ás súas paisaxes e á súa xente. 

-¿De onde xorde a inspiración deste traballo?

-Hai uns cantos factores que influíron. Un deles é que cando saímos de España concíbese a península ibérica como un todo ligado ao sur. Por iso pretendemos ser unha reivindicación do que se fai no norte, non só en Galicia, senón tamén en Cantabria, Asturias e Cataluña.

- Precisamente vén dunha intensa xira por Alemaña ¿Cómo se sinte deixando ese selo galego por todo o mundo?

-Sempre viaxamos con moita responsabilidade de representar ben a todos os compañeiros que tamén están facendo música aquí. E tamén de transmitir todo o noso acervo cultural que é grandísimo, especialmente a conexión coas mulleres.

-Neste sentido, a participación das Adufeiras de Salitre neste traballo é moi simbólica. Son once mulleres galegas.

-Hai moito simbolismo aquí. Elas dende o meu punto de vista son a conexión natural con esas mulleres maiores que me transmitiron ese acervo galego que, posteriormente, eu puiden transmitirlle a elas como alumnas miñas que foron.

-Ten expectativas de superar o éxito do seu primeiro traballo, «The Tambourine Man»?

-Todo era unha incógnita, pero estivemos entre os 50 discos máis vendidos de España e volvemos a entrar na lista do World Music Charts Europe. Logo os premios... Son o feedback do público. Aínda que pareza un tópico o realmente satisfactorio é encher os concertos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«O maior premio é o feedback do público»