Os edís de Somos en Cambados e Ribadumia acoden a un encontro europeo

La Voz

CAMBADOS

CEDIDA

O obxectivo de fortalecer e visibilizar o desenvolvemento de políticas públicas de esquerdas na UE

28 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os edís de Somos Cambados, Tino Cordal e Xurxo Charlín e de Somos Ribadumia, Henrique Oubiña, formaran parte da expedición de vinte e catro concelleiros e alcaldes galegos que participan hoxe en Bruxelas na 28 edición anual do encontro internacional sobre políticas públicas locais a nivel europeo Realpe. O Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), do que forma parte a eurodeputada galega Lídia Senra, convoca unha vez máis este encontro co obxectivo de fortalecer e visibilizar o desenvolvemento de políticas públicas de esquerdas na UE. Os representantes locais porán en común as súas experiencias, estruturándose arredor de tres eixos principais.

A xestión de fondos europeos, o futuro da política de cohesión social, o debate sobre servizos públicos e o seu acceso nos municipios, a batalla pola igualdade territorial, o acceso aos servizos e o dereito á auga.