Una ría que camina hacia la igualdad

Rosa Estévez
rosa estévez CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

monica ferreiros

El Concello de Cambados y La Voz de Galicia organizan el foro «Darlle a volta ao mar»

24 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Es indiscutible. La ría es uno de los motores económicos de la comarca. Marisqueo, pesca de bajura y acuicultura del mejillón son tres ramas de actividad que han demostrado, en lo más crudo de la crisis, su capacidad para mantener a flote la comarca de O Salnés. La Voz de Galicia, en colaboración con el Concello de Cambados, ha querido volver sus ojos hacia ese mar indispensable para desmontar algunos de los tópicos con los que, incluso quienes viven más cerca de la costa, seguimos conviviendo. Porque en la ría, como en tierra firme, las fronteras entre los trabajos de hombres y los de mujeres, felizmente, se desdibujan. Y ya no queda un solo territorio en el que las arousanas de sal no hayan entrado para reclamar su sitio. En el foro, que se celebrará en A Xuventude este miércoles, a las 20.30 horas, tomarán la palabra mujeres que han conquistado espacios que, históricamente, parecían reservados para el sexo masculino. La patrona mayor de Vilanova, María José Vales, o la Gardapesca de la cofradía de Cambados, María Casado, contarán sus experiencias ejerciendo la autoridad conquistada sobre marineros y mariscadores. Una bateeira, Teresa Otero, desvelará la realidad del sector del mejillón, un espacio con mucho trabajo femenino que pasa desapercibido al no estar las mujeres representadas en los órganos de toma de decisiones. Y un mariscador, Roberto Piñeiro, demostrará que la playa también es lugar para hombres.

María José Vales, patroa maior de Vilanova: "Houbo quen me dixo que marchara facer a cama; non lle fixen caso"

Hai case vinte anos, Olga Carou converteuse na primeira patroa maior da ría. O seu mandato foi breve. Era muller e era mariscadora nun pósito no que o protagonismo recaía, e segue a facelo, sobre os parques de cultivo. Pasaron case vinte anos, dicíamos. E a estas alturas son dúas as mulleres que están á fronte de outras tantas confrarías arousás. Unha é Raquel Souto, que intenta por orde na conflitiva realidade de Cabo de Cruz. A outra, María José Vales, que este ano ven de conseguir que as contas do pósito de Vilanova dean, por fin, beneficios. María José non é a primeira muller á fronte da confraría vilanovesa: sucedeu no cargo a Evangelina Lago. Da súa predecesora, advirte, prefire non falar.

-Leva catro anos no cargo. ¿É unha experiencia dura para unha muller?

-Eu lévoo bastante ben. Afortunadamente teño compañeiros moi bos aquí na ría. Tamén os teño malos, deses que se lles nota a testosterona á primeira palabra... Pero a eses hai que soportalos, como en calquera ámbito do traballo. O que hai que facer é aprender a poñerlle os puntos sobre as íes. Eu teño un carácter forte. Digo as cousas, sempre, pero sempre intento facelo cun sorriso.

-¿Nalgunha ocasión atopouse con algún patrón, ou directivo, que a tratase con condescendencia, que lle quixera dar a vostede, que é mariscadora, leccións sobre o marisqueo?

-Sempre hai algún patrón maior que sabe de todo, iso está claro. Pero non o noto especialmente. Eu penso que todo vai ben se nos falamos dende o respecto, con educación e tendo en conta que os demais tamén saben. Eu teño moita experiencia en marisqueo a pé, son mariscadora, pero outra xente pode ter outra opinión, e se a di sen faltar ao respecto, ¿por que non escoitala?. En todo caso, entendo que hai que escoitar a quen máis sabe dos temas. Penso que esa é maneira de que todos vaiamos mellorando.

-Está claro que nas reunións de patróns maiores está cómoda. ¿E cos socios da confraría?

-Con algúns socios da confraría si que notei certa incomodidade. Non lles gustaba ter unha muller á fronte. Pero penso que todo iso xa pasou, e nestes momentos diría que por aí non hai ningún tipo de problema. A xente ve o traballo que se fixo, e tamén o valora. Ve que as cousas antes non funcionaban e que agora funcionan.

-Pero, de entrada, tivo algo que demostrar.

-Sempre hai que demostrar. As mulleres sempre se teñen que facer valer máis que os homes. Tes que dar o douscentos por cento cando a un home só se lle pide o cincuenta. A sociedade é así, pero penso que a estamos cambiando. E que a imos cambiar.

-¿Recorda algún momento no que lle dixeran iso de «muller tiñas que ser»?

-Tiven algúns problemas no peirao de descargas de mexillón. Cando collemos o mando da confraría era un desastre, os ingresos eran mínimos e non daban nin para os gastos... Así que tiñamos que tomar medidas. Somos a única confraría da zona que ten integrados aos bateeiros e é algo que non queremos perder. Recordo cando fun ao peirao a primeira vez, e o máis suave que me dixeron foi algo así como «¿que ves facer aquí se non sabes nada disto?». E a partir de aí, o resto. Houbo quen me dixo que marchara facer a cama e a comida, e cousas peores. Non lle fixen caso. Eu son bastante terca. Entrei neste cargo -e non entrei soa, teño bo equipo- para sanear á confraría, e estamos a facelo.

-¿Dá o traballo por rematado ou vaise volver presentar?

-Estamos facendo a equipa para presentarnos si. O único requisito é ter ganas de traballar e forza para manter o ritmo, que é moi alto.