González Laxe presentará no Foro do Albariño un informe sobre o sector do viño

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

ANA GARCÍA

Celebrarase o día 29 de xuño en Cambados, a iniciativa da Asociación Adegas do Salnés

22 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Pazo de Ulloa de Cambados acolle o 29 de xuño a partir das 19.30 horas a oitava edición do Foro do Albariño, organizado pola Asociación Adegas do Salnés, en colaboración con Adegas Terra de Asorei, baixo o título «Retos do Albariño no Futuro». «O obxectivo é reflexionar como o sector do albariño?Rías Baixas, que está facendo unha boa labor, pero o reto dos viticultores, empresas e adegas é adaptarnos e ter en conta os cambios sociais e de cultura do que representa hoxe para unha persoa consumir unha copa de albariño. Un feito que para moitos xa é máis cultural que consumir, ou un xeito incluso de entender a calidade de vida», segundo explica a organización.

O foro abrirao Fernando González Laxe, que presentará o Informe económico do sector do viño en Galicia e, a continuación, haberá unha mesa redonda coa participación dos xornalistas Carlos Delgado, María Bueno e Guillermo Campos. A asistencia é gratuíta e hai que facer inscrición previa a través de info@terradeasorei.com.