Martín Portas: «Os turistas alucinan, co peche todas son vantaxes»

Este hostaleiro non ten dúbidas. Opina que os peóns estarán máis seguros e que os locais como o seu veranse beneficiados


cambados / la voz

A PEONALIZACIÓN DE FEFIÑÁNS NON GUSTA A TODOS. Por primeira vez na historia, a praza e as rúas Real e Príncipe vanse pechar ao tráfico durante os meses de xullo e agosto. Unha vez convencido o concelleiro José Ramón Abal, ninguén pon reparos no Concello, ao contrario a maioría do goberno quere máis, pero si o fai a asociación de comerciantes Zona Centro, que ve na medida precipitación e teme que provoque incomodidades e perdas económicas para o sector.

Ten negocio na rúa Real e el veo claro: si á peonalización. Non obstante, pide que vaia acompañada de iniciativas para dinamizar a zona de Fefiñáns e atraer así a máis público.

-¿Cales son as vantaxes?

-Todas, tanto a nivel de seguridade como a nivel do comercio, non lle vexo ningún inconveniente, nin como cidadán nin como empresario.

-¿A que atribúe as reticencias dalgúns empresarios?

-Imaxino que será por medo ao cambio. A tendencia é peonalizar, está demostrado que as rúas con máis movemento son as peonís. Hai outras prazas de Cambados peonalizadas e a de Fefiñáns, que é unha das máis importantes de Galicia, está aberta ao tráfico. Os turistas alucinan.

-¿Cal é a reacción dos seus clientes?

-De sorpresa total, pero a maioría da xente vén de paso, non lle dá tempo a indignarse. A nivel cidadá, non coñezo a ninguén que estea en contra do peche.

-Vostede ten terrazas na vía pública, ¿tivo algunha vez algún problema?

-Non, pero aquí, máis tarde ou máis cedo, vai haber unha desgraza. Aínda o domingo vin eu a un señor cun carriño cunha meniña, e para esquivar unha terraza, meteuse á estrada.

-Algúns empresarios temen o que poida pasar coa carga e descarga, ¿comparte esta inquedanza?

-Non, farase como ata agora supoño [praza de Fefiñáns cun horario fixo]. Hai moitas rúas peonís e faise carga e descarga sen problema.

-Tamén din que cando está pechada a praza teñen menos clientela, que fan menos caixa, ¿é o seu caso?

-Eu non noto nada. Á larga, estando pechada imos gañar todos.

-O peche vai facerse en xullo e agosto, ¿ampliaríao vostede a todo o ano?

-Se a rúa é perigosa, e está visto que si o é, será perigosa sempre. É certo que no verán hai máis xente, pero aquí segue habendo moito movemento en outubro, e as fins de semana de todo o ano.

-A poucos metros da rúa Real, na praza das Rodas, os hostaleiros están encantados co peonalización. É curiosos este fenómeno...

-Pois aí temos o exemplo de que é bo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

Martín Portas: «Os turistas alucinan, co peche todas son vantaxes»