Música barroca e Xuntanza de Bandas Xuvenís

B. c.

CAMBADOS

MARTINA MISER

O conservatorio e a escola municipal de música de Cambados están a celebrar esta semana as audicións de fin de curso

07 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O conservatorio e a escola municipal de música de Cambados están a celebrar esta semana as audicións de fin de curso. O programa, que empezou o luns, permitirá escoitar hoxe no auditorio municipal á Orquestra barroca do conservatorio profesional Manuel Quiroga de Pontevedra, ás oito da tarde, baixo a batuta de Marcos Corbacho. Antes, ás seis actuará o combo de percusión da escola cambadesa. Mañá haberá unha proxección de fotos e ás oito da tarde actuará o coro.

O domingo será o broche coa cuarta edición da Xuntanza de Bandas Xuvenís, que este ano contará coa participación de agrupacións de Cambados, Cuntis e a Banda de Castrelo. A cita é ás sete da tarde, no salón José Peña. Entrada gratuíta.