O programa da Deputación enche de música a bisbarra con doce concertos ata finais de ano
26 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.A música en galego atópase nun dos seus mellores momentos, cunha escena na que as bandas consolidadas conviven con novas propostas, que prosperan maila a ausencia no país dunha industria que mereza tal nome. O traballo de institucións coma a Deputación de Pontevedra bota un cable nesta pelexa, a través de programas coma o Musigal. Desta volta, a entidade provincial impulsa 67 concertos en toda a provincia, dos que doce terán como escenario os once municipios do territorio de Arousa, entre o mes de xullo e o remate do ano. Destaca no calendario que queda por diante o regreso de Heredeiros da Crus a Cambados, agora para engrosar o cartel do festival Xironsa, ou as catro datas que asina Milladoiro, con parada en Vilagarcía.
Os concertos
Vilagarcía
Milladoiro 12 de agosto
Cambados
Dakidarría 4 de agosto
Heredeiros da Crus 25 de agosto
O Grove
Guadi Galego 18 de agosto
Vilanova
Milladoiro 8 de xulio
Valga
Milladoiro 3 de novembro
Ribadumia
Uxía 9 de decembro
Meis
Óscar Ibáñez & Tribo 10 de xullo
Meaño
Leilía 29 de xullo
A Illa
Milladoiro 3 de agosto
Catoira
Roi Casal 5 de agosto
Pontecesures
Verbena Galega 9 de xullo