Cordal acusa a Aragunde de ser cómplice no peche do centro de saúde no verán

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

MONICA IRAGO

Repróchache que defenda agora a sanidade pública fronte o que votou o PP noutras ocasións

23 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O concelleiro de Sanidade e Servizos Sociais de Cambados, Tino Cordal, cualifica de tomadura de pelo que o portavoz do PP, Luis Aragunde, se ofreza a mediar ante a Xunta para evitar o peche do centro de saúde as tardes de verán. «O que está a suceder co noso ambulatorio e co hospital comarcal é moi grave e lévao sendo dende fai anos. Pero agora que nos imos achegando á campaña electoral é cando semella atoparse preocupado o señor Aragunde».

«O PP de Galicia pasouse os últimos anos xogando coa saúde da cidadanía; recortando orzamentos, privatizando servizos e desprezando as demandas do persoal sanitario e da poboación galega. O PP de Cambados actuou con complicidade cos seus amigos e non exerceu ningunha crítica contra o que estaban a facer. E máis, apoiounos tanto indirecta coma directamente», engade Tino Cordal.

Próximo debate no pleno

O

concelleiro lembra que o goberno municipal leva tres anos denunciando as precariedades do centro de saúde e do Hospital do Salnés mediante acordos e mocións no pleno, como a que se vai presentar na sesión de final de mes pola que se propón ao Sergas que rectifique e manteña o horario do centro de saúde, tamén no verán.

O concelleiro de Sanidade non deixa de aludir a que o PP de Cambados votou en contra da moción en favor da reforma aprobada en solitario polos populares no Parlamento galego, que eliminou a área sanitaria do Salnés, «obrigándonos a desprazarnos aos grandes hospitais e deteriora a atención primaria que se presta no centro de saúde».