Celia Castro Padín e Xoel Otero, campións galegos alevín e infantil

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

CEDIDA

A deportista do C.A.C.-Seguros Noval, primeira cambadesa con título autonómico no tartán

27 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Excelente colleita a do atletismo arousán o pasado domingo nos Campionatos Galegos de Pista Cuberta Benxamín, Alevín e Infantil no novo estadio de Ourense. Con dous títulos e un terceiro podio, e un fito histórico, o de ver a primeira atleta cambadesa facerse cun ouro autonómico no deporte do tartán.

Falamos de Celia Castro Padín. A deportista do Club Atletismo Cambados-Seguros Noval fixo boa a súa condición de aspirante con mellor marca previa nos 500 metros alevín femininos, impoñéndose na final cun tempo dun minuto, 32 segundos e 35 centésimas. Anteriormente, Celia remataba sexta na final dos 60 metros en 9,28. Andrea Rey, oitava no lanzamento de peso benxamín feminino, e Lucas Somoza, décimo nos 50 metros benxamín masculino, completaron a actuación do C.A.C.-Seguros Noval. O Concello de Cambados farálle o sábado unha recepción á súa campioa.

Na veciña Agrupación Atlética Mazí o infantil Xoel Otero foi o gran protagonista en Ourense, ao colgarse o ouro no triple salto, con 9,93 metros, e o bronce no salto de altura, con 1,42. En ambos os dous casos, con mellor marca persoal. O seu compañeiro Iago Marín quedou un posto por detrás do podio en peso, cuarto con 7,04. Mario Santos fora sexto no 800 o día anterior no Galego Xuvenil.