Quince arousáns acoden aos Galegos de categorías base

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

OURENSE CIUDAD

MARTINA MISER

A escola do C.A.C.-Seguros Noval verá o domingo aos seus tres primeiros atletas nun Campionato Galego

23 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os Campionatos Galegos de Pista Cuberta de categorías base contarán este ano cunha ampla representación arousá no recentemente inaugurado estadio de Ourense. Coa Agrupación Atlética Mazí e coa escola do Club Atletismo Cambados-Seguros Noval presentando doce e tres deportistas, respectivamente. Algo só posible polo bo facer dos propios atletas, que para chegar ata aquí deberon conseguir as correspondentes marcas mínimas.

O equipo vilagarcián será o sábado o primeiro en entrar en acción, nunha xornada dedicada ás categorías júnior e xuvenil. Ese día competirán Lucas Pérez nas probas de 60 e de 200 metros lisos, e Mario Santos na de 800, mentres que Zaira Fuentes disputará a proba dos 60 metros vallas.

O domingo será a quenda das categorías menores. A Agrupación Atlética Mazí verá entón en acción a catro infantís e a cinco benxamíns. No primeiro grupo figuran Pedro Reino, que correrá os 60 metros lisos, Xoel Otero, que disputará os 60 metros vallas, e os saltos de altura, de lonxitude e o triple salto, Sasha Padín, nos 500 metros, e Lucía Sánchez, nos 60 vallas. Nos 50 metros benxamín correrán os seus compañeiros Yegor Padín, Mateo Varela e Iago Marín, este último pelexando tamén en peso xunto con Miguel Custodia, mentres que Martín Martínez faráo en salto de altura.

Os tres pioneiros cambadeses

O C.A. Cambados-Seguros Noval gozará dos tres primeiros atletas da súa inda novísima escola nun Campionato Galego de Pista. Andrea Rey Padín acudirá a Ourense coa quinta mellor marca en peso e Lucas Somoza coa undécima nos 50 metros benxamíns, coa súa compañeira alevín Celia Castro Padín coa sexta marca no 60 metros lisos e favorita nos 500 co mellor rexistro galego da tempada.

Primeiro fito dunha escola do C.A.C.-Seguros Noval con lista de espera

A presenza de Celia Castro, de Andrea Rey e de Lucas Somoza no Campionato Galego de Pista Cuberta de categoría de formación supón o primeiro gran fito deportivo da escola do C.A.C.-Seguros Noval. Unha iniciativa impulsada pola directiva que preside Fernando Patricio Rey, e que o pasado novembro cumpría inda o seu segundo ano de existencia.

Facíao xa con problemas para respostar a ampla demanda xerada coa súa posta en marcha, co club obrigado a rexeitar máis de 20 nenos e nenas de 8 a 14 anos, por primar a calidade do traballo con grupos (2) de 25 alumnos. Se se repite a demanda, en setembro o club sopesa contratar un terceiro técnico para atender 25 nenos máis.