O Xuven ameaza con deixar Cambados e xogar en Vilagarcía

Pablo Penedo Vázquez
pablo penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

Baloncesto Toño Lema carga contra o Concello por non mercar un marcador novo de 24 segundos tras a quinta multa de 150 euros pagada polo club por avarías do existente

09 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Ambiente caldeado, moi caldeado, o que se vive no Pavillón Municipal do Pombal. Concretamente, nos despachos que lle serven de sede ao Club Xuventude Baloncesto. E non pola pobre imaxe ofrecida nas últimas semanas polo primeiro plantel amarelo, sustanciada nas tres derrotas que encadea o conxunto dirixido por Chiqui Barros. Non. O ambiente caldeado obedece ao cabreo monumental do presidente da entidade deportiva, Toño Lema, co Concello de Cambados. Ata o punto de poñer onte sobre a mesa a posibilidade real de trasladar todos os partidos de Liga de LEB Prata que lle restan por xogar ao Xuven na presente tempada dous concellos máis ao norte, ao vilagarcián Pavillón Municipal de Fontecarmoa.

¿Cal é o motivo do presidente do Xuven para poñer sobre a mesa unha medida de cariz profundamente ofensivo para un número considerable de socios do club? «Tenemos muchísimos problemas con el Ayuntamiento», asegura Lema. Pero o principal hoxe por hoxe, a pinga que rebordou o vaso da paciencia do máximo responsable do club, foi a enésima avaría do marcador de 24 segundos sobre a canastra da banda esquerda do pavillón -mirando desde a grada-. «El sábado», explica o mandatario amarelo, «por tercera vez esta temporada, volvió a fallar el dispositivo», derivando na «quinta multa de 150 euros desde el 2017, y no estamos dispuestos a seguir con esta historia».

Lema recoñece que «el Concello ha arreglado infinidad de veces el marcador. Pero una vez se rompe por un lado, otra por otro». A única solución é, sostén, mercar un novo. Descoñecendo o seu custo, Lema desvela que «se le comentó al Concello varias veces durante el año pasado que había que cambiarlo, porque tienen muchos años». Así llo fixo saber novamente o pasado sábado á alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, socia e asidua aos partidos do Xuven no Pombal, co compromiso desta última de falar con concelleiro de Deportes, Víctor Caamaño, sobre o asunto. O presidente do Xuven engade a existencia doutras deficiencias, caso de pingueiras no recinto deportivo hai un mes coincidindo co primeiro gran temporal en meses, «que están redundando en sanciones, y en una muy mala imagen. Estamos indignados», recalca. Así as cousas, «si no conseguimos que cambien los marcadores de 24 segundos, o que el Concello se comprometa a pagar las futuras multas por posibles averías antes del próximo partido en casa, tendremos que jugarlo en otro sitio», adianta o mandatario.

«Un sitio en el que nos quieran»

«Lo que no puede ser es que cada vez que juguemos en casa, el Concello nos castigue. Si estamos en un sitio donde no nos quieren, buscaremos otro en el que nos quieran», di Toño Lema, disposto a contactar hoxe mesmo co Concello de Vilagarcía para «ver que disposición tiene» ante a posibilidade de que o primeiro equipo do Xuven xogue no Pavillón Municipal de Fontecarmoa. O único da comarca que semella dispor tamén das condicións mínimas esixidas pola Federación Española de Baloncesto. Algo que, a día de hoxe, aclara o presidente da entidade deportiva, non cumpre o multiusos de Vilanova de Arousa, concello no que o Xuven ten unha das súas dúas escolas fóra de Cambados -a outra é a de Ribadumia-.