O Xuven regresa á zona de play-off, e Juanchi Orellano ao quinteto ideal

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

MARTINA MISER

O equipo cambadés benefíciase dos tropezos do Real Murcia y Agustinos Leclerc

19 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A agónica vitoria do Xuven Cambados sobre o modesto C.B. Extremadura Plasencia, o pasado sábado no Pombal (74-70) valeulle ao equipo de Chiqui Barros para volver, tres xornadas despois, á zona de play-offs, pechando a mesma co seu salto do undécimo ao noveno posto da táboa. E iso, grazas ás derrotas en paralelo do Real Murcia na cancha do HLA Alicante, 95-73, e do Agustinos Leclerc ante o Aceitunas Fragata Morón, 63-75.

Juanchi Orellano, pola súa banda, figura por segunda vez na tempada no quinteto ideal da semana da LEB Prata. Nesta ocasión, considerado desde a Federación Española como escolta, e non como o base que é, para recompensar os seus 26 de valoración (13 puntos, 8 rebotes e 8 asistencias) nunha xornada co director de xogo do HLA Alicante Pedro Rivero no papel de MVP.