Yago Casal viaxa a Cabo Verde para axudar no primeiro campus de Joel Almeida

vilagarcía / la voz

CAMBADOS

O adestrador do Xuven Cambados formará durante unha semana rapaces e adestradores, e dirixirá un partido benéfico

02 jun 2015 . Actualizado a las 05:05 h.

O adestrador do Club Xuventude Cambados, Yago Casal, emprende esta semana unha novidosa experiencia na súa carreira deportiva. Ata o punto de ter que voar ata Cabo Verde. Alí, da man do que foi o seu pupilo na segunda volta da pasada Liga de LEB Prata Joel Almeida, Casal colaborará no primeiro campus que o xogador, natural do país africano, vén de montar.

Tres serán os cometidos de Casal en Cabo Verde: «Entrenar con escuelas de baloncesto locales, hacer formación de entrenadores, y dirigir un partido de exhibición por una causa benéfica», explicaba onte o técnico santiagués afincado en Arousa.

Casal explica que «Joel me preguntó por el campus que hago en Galicia. Me dijo que quería hacer algo en Cabo Verde, y yo le di una serie de ideas. Cuando pensaba que había caído en saco roto me llamó estando ya allí y me lo propuso». Toda unha «experiencia interesante».