Cambados despediu o ciclo de teatro infantil cun cheo no auditorio

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

Más de 700 personas acudiron ás catro representacións presentadas no último mes

09 feb 2015 . Actualizado a las 16:53 h.

Máis de setecentas persoas acudiron dende o domingo 18 de xaneiro ata onte á chamada da programación do ciclo de teatro infantil organizado polo Concello de Cambados correspondente á presente tempada, que se celebrou no auditorio da Xuventude. As obras con máis tirón entre o público foron «María Fumaça, Xique, xoque, fiu, fiu», da compañía María Fumaça (editorial Galaxia), que onte puxo punto e final ao ciclo. As catro obras que pasaron polo escenario xuntaron a máis de 700 personas entre o público. «O departamento de Cultura considera que estes datos avalan unha vez máis a consolidación do programa teatral en Cambados, xa convertido nunha tradición á que asiste un público variado pero moi fiel á cita. Repítese unha regularidade no número de asistentes que sitúa a Cambados como unha das vilas medias de Galicia con máis afección polo teatro», segundo subliñan desde el Concello.