A Jalerna imponse no Cantiño e anima a loita pola Copa Mörling

A ILLA DE AROUSA

A dorna Jalerna en plena regata navegando en popa coa vara de portar
A dorna Jalerna en plena regata navegando en popa coa vara de portar MARTINA MISER

A regata da Illa de Arousa reuniu trinta dornas e comprime a clasificación xeral

29 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A dorna Jalerna, patroneada por Ricardo e Manuel Dios, foi a vencedora da quinta edición do Triángulo do Cantiño, disputado este sábado na Illa de Arousa e dedicado a Claudio Ameneiro cunha participación que chegou ás trinta embarcacións.

O triunfo da embarcación dos Dorneiros Regateiros permite reducir diferenzas na clasificación da quinta Copa Mörling, que entra na súa recta final con máxima igualdade.

A Xarandeira cruzou a meta na segunda posición, mentres que a Rosalía completou o podio pese a sufrir unha importante avaría durante a regata tras un choque entre embarcacións. A Pereka e a Maristela, ambas da ACD Dorna, ocuparon os seguintes postos nunha xornada marcada por refachos de vento intensos e condicións de navegación moi esixentes.

Con tres das cinco regatas da competición xa celebradas, a Pereka continúa á fronte da clasificación xeral, aínda que cun reducido grupo de perseguidoras a escasa distancia. A próxima cita será o 4 de xullo no Grove coa Regata dos Faros, antes do peche definitivo da competición, que serás nas augas de Combarro o 22 de agosto.