A Escola de Navegación Tradicional da Illa estrea un novo elevador

Redacción A ILLA / LA VOZ

A ILLA DE AROUSA

O alcalde, Luis Arosa, visitando as instalacións da Escola
O alcalde, Luis Arosa, visitando as instalacións da Escola

Facilitará o traslado das embaracación ata as estanterías de almacenamento 

03 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello da Illa de Arousa investiu 5.000 euros na compra dun elevador para a Escola de Navegación Tradicional da Asociación Cultural e Deportiva Dorna. O equipo permite subir as embarcacións ás estanterías de almacenamento do Edificio de Usos Naúticos, unha necesidade que xurdiu precisamente coa apertura das instalacións. Ata o de agora, a Escola facía uso do elevador de titularidade municipal.

«A Asociación Dorna merece contar cos medios necesarios para desenvolver a súa actividade con plena autonomía, e iso é o noso deber como administración», comentou o alcalde, Luis Arosa.

O tenente de alcalde, Manuel Suárez, especificou que a inversión é posible grazas a que está contemplada nos orzamentos de 2026: «Seguimos traballando para dotar ás asociacións culturais e deportivas dos recursos que precisan para desenvolver a súa actividade nas mellores condicións».