Entrecortiñas celebra o mes das Letras Galegas cun programa especial

S.D. A ILLA / LA VOZ

A ILLA DE AROUSA

Unha das sesións do club
Unha das sesións do club

O «Ciclo Cinema Galego» comenzará o venres coa proxección de Decorado, de Alberto Vázquez

06 may 2026 . Actualizado a las 22:17 h.

A Illa celebrará o mes das Letras Galegas cunha programación especial organizada polo Cine Club Entrecortiñas. O «Ciclo Cinema Galego» arrancará este venres coa proxección de Decorado, de Alberto Vázquez, gañadora do Goya 2026 a Mellor Película de Animación, ademais do Premio Forqué. A cinta conta a historia de Arnold, un rato de mediana idade atrapado nunha crise existencial. O seu matrimonio está a esfarelar, a súa vida parece non ter sentido e comeza a sospeitar que todo o que o rodea é unha gran broma. Cando o seu mellor amigo morre en circunstancias sospeitosas, Arnold convéncese de que algo vai mal. Está recomendada para maiores de 16 anos e ten entrada de balde. Reproducirase a partir das 20.30 horas.

O cine galego non se detén. O xoves 14 será a quenda de Samsara, de Lois Patiño, Premio Especial do Xurado na Berlinale. O día 22, As liñas descontinuas, de Anxos Fazáns, Premio Mellor Guión en Xixón e 11 candidaturas aos Mestre Mateo. O mes péchase co documental 360 curvas, gravado na Fonsagrada, e que se reproducirá o día 28.