Charla este xoves na Illa sobre uso de caixeiros automáticos

La Voz A ILLA

A ILLA DE AROUSA

ADRIÁN BAÚLDE

A actividade está dirixida ás persoas maiores

12 may 2025 . Actualizado a las 15:12 h.

A concellería de Maiores do Concello da Illa de Arousa organiza unha actividade formativa sobre o uso seguro de caixeiros automáticos e a protección contra o fraude. Esta iniciativa, enmarcada no Programa de Educación Financeira, ten como obxectivo ensinar a un grupo de aproximadamente 20 persoas a utilizar os caixeiros de forma fácil e segura, así como a protexer os seus datos persoais para evitar fraudes e estafas. A formación desenvolverase no Clube dos Xubilados o 15 de maio en horario de 11 a 13 horas.