Aberta a matrícula para cursos formativos na Illa

La Voz A ILLA

A ILLA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Impartiranse clases para obter os títulos da ESO, preparación para ciclos formativos, certificado de competencias clave e ensinanzas activas

21 sep 2023 . Actualizado a las 12:35 h.

O Concello da Illa abre o prazo de matrícula para varios cursos que se van desenvolver no vindeiro ano: preparación para o título de ESO e de acceso a ciclos formativos de grado medio, preparación para o certificado de competencias clave e curso de ensinanzas activas. Os interesados poden anotarse no primeiro andar da casa do Concello ou chamando ao teléfono 986 527 080.