Abre o prazo para inscribirse na ludoteca de verán da Illa

La Voz A ILLA

A ILLA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Contará con 60 prazas para nenos de entre 3 e 12 anos e farase no colexio

07 jun 2023 . Actualizado a las 18:46 h.

O Concello de A Illa abre o prazo de inscrición para a participación na ludoteca de verán, na que se ofertan 60 prazas para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Esta actividade, na que as familias interesadas poden inscribirse ata o vindeiro venres 16 de xuño no rexistro do Concello, ten un coste de 100 euros por alumno e no caso de seren dous irmáns, a taxa baixa a 80 euros por participante.

As prazas adxudicaranse con preferencia as persoas empadroadas no municipio e o segundo criterio será que os dous proxenitores do menor traballen durante o periodo de verán. En caso de quedar prazas vacantes terán opcións as familias non empadroadas na Illa de Arousa

A ludoteca comezará o 3 de xullo e prolongarase ata o 31 de agosto desenvolvendo actividades no colexio Torre-Illa, de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, coa posibilidade de adiantar a entrada ás 9 da mañán.