Bao-Xestelas, na Illa, renova o distintivo de Sendeiro Azul

La Voz A ILLA

A ILLA DE AROUSA

Martina Miser

Conta co case 2,5 quilómetros e permite desfrutar dun entorno de gran valor medioambiental e paisaxístico

31 ene 2023 . Actualizado a las 14:27 h.

A Illa vén de renovar o distintivo de Sendeiro Azul para a senda Bao-Xestelas, un galardón que loce desde o ano 2010 e outorga a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) co apoio da Fundación Biodiversidad e do Ministerio para a Transición Ecológica.

Esta senda, que comeza no O Bao e continúa ata o parque natural de O Carreirón ten unha lonxitude de 2.446 metros e unha dificultade baixa para percorrela, cun tempo estimado para facelo de 45 minutos. Neste traxecto litoral a senda transcorre por praias e unha contorna de gran variedade de ecosistemas de notable valor paisaxístico e medioambiental. O sendeiro permite tamén unha achega ao mundo do marisqueo, todo elo con accesos habilitados para persoas con mobilidade reducida e paneis informativos.

«É moi complexo para municipios con escasos recursos como é o noso caso competir en distintivos. Boa parte do perímetro litoral da Illa conta con sendas acondicionadas para pasealas con seguridade e con contornas naturais de gran valor. Temos este Sendeiro Azul e para nós é un emblema do modelo ambiental e turístico que queremos: sen masificacións e respectuoso co medio», segundo indica a concelleira de Turismo, Rosi Viana.