Dobre cita co teatro na Illa e Cambados este sábado, con «O porco de pé» en cartel

La Voz CAMBADOS / A ILLA

A ILLA DE AROUSA

Na Arousa representarase unha versión do clásico de Vicente Risco e no auditorio da Xuventude, unha obra de temática feminista

07 may 2022 . Actualizado a las 17:41 h.

A Illa abre a súa programación das Letras Galegas cunha versión de «O porco de pé» de Vicente Risco dirixida por Quico Cadaval e protagonizada por Patricia Vázquez, Evaristo Calvo e Víctor Mosquera. A función teatral, que intercala sátira, cabaret e circo, será este sábado, ás 21 horas, no auditorio municipal con entrada a 10 euros en taquilla y a 5 euros en ruben.excentricas@gmail.com.

A segunda cita do sábado co teatro é no auditorio da Xuventude de Cambados con «Puedes llorar los viernes», protagonizada por Vicky Estévez y Belén Torres. A peza aborda cuestións de temática feminista e chega a Cambados da man da concellería de Igualdade. A cita é ás 21 horas, con entrada gratuíta, e haberá unha hucha para facer donativos en favor de Galiciame.