Tres campións arousáns no Nacional de Jóvenes Promesas

La Voz

A ILLA DE AROUSA

FGAPI

Pedro Torrado, Lara Remigio e Natalia Varela foron ouro

20 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A actualidade piragüista centrouse a pasada fin de semana no Campeonato de España de Jóvenes Promesas disputado en Banyoles (Xirona). Unha cita con máis de 800 padexeiros das categorías infantil e cadete en acción, que rematou con 15 medallas galegas, o 40 % delas, media ducia, protagonizadas por deportistas da banda sur da ría de Arousa.

O vilagarcián das Torres-Romaría Vikinga de Catoira Pedro Torrado impúxose na final do C1 Cadete A, pechando a nómina de títulos individuais de deportistas da comarca. Un trío de ases que abría o sábado Lara Remigio, do Breogán do Grove, no máis alto do podio Infantil A C1. O domingo na segunda e última xornada do Nacional, Natalia Varela, do Náutico Pontecesures, gañaba o ouro no Cadete B C1 coa súa compañeira de club Nerea Novo facéndose coa prata.

Subcampioa foi tamén Lucía Tenreiro, do Piragüismo Illa de Arousa, en K1 Cadete A, con Sofía Parada, do Piragüismo Cambados, colgándose o bronce na final do K1 Infantil B. O N. Pontecesures foi o mellor equipo arousán na clasificación de clubs, sétimo.