Cultura nos Cons volverá mesturar música e natureza na Illa de Arousa

P.P.

20, 21 e 22 de agosto • A Illa de Arousa • A próxima semana arrincará a cuarta edición do ciclo estival Cultura nos Cons. O evento, que basea a súa filosofía na busca de escenarios singulares para o desenvolvemento das súas actividades, poñerase en marcha o vindeiro martes ás oito da tarde. O grupo de música tradicional da ACD Dorna amenizará o roteiro, que partirá dende o Con de Navío e realizará paradas nos diversos cons, onde Carlos Blanco e Quico Cadaval serán os encargados de contar unha pequena historia en cada un deles. O mércores o Portiño será o escenario da actuación musical do grupo arousán Quilma con Vituco Neira, integrante de Ruxe Ruxe, nunha xornada onde non faltarán as sorpresas. A Coral Polifónica Municipal da Illa de Arousa, acompañada pola recoñecida artista Rosa Cedrón, serán os que poñan o broche final a esta edición o xoves no Con do Forno.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Cultura nos Cons volverá mesturar música e natureza na Illa de Arousa