O conxunto benxamín escolar do Vilarousa faise coa prata galega e ascende a promoción

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

A ILLA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O Biqueira do Grove acariciou o podio e o premio aparellado, nun campionato autonómico con nove equipos arousáns nos Top Ten das súas categorías de idade

29 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Campionato Galego Escolar de Ximnasia Rítmica contou o sábado en Marín coa participación dunha ducia de conxuntos arousáns nos seus seis cadros de competición por idades. Co benxamín do Vilarousa ofrecendo o mellor resultado, un subcampionato recompensado ademais co ascenso á categoría promoción, a segunda das catro por orde de menor a maior dificultade na rítmica.

O conxunto benxamín do Vilarousa sumou 17,05 puntos para facerse coa prata, a 0,65 puntos do campión, o Viravolta Santiago. O Esquío B foi bronce con 16,80, co Biqueira do Grove cuarto con 16,40 puntos. A E.D. Illa de Arousa acabou décima con 13,80.

O conxunto cadete do Vilarousa acariciou o podio, cuarto con 13,45 puntos, polos 13,90 do Vila de Pontevedra, terceiro. Tamén no top ten dos seus cadros de competición remataron o C.X.R. Arousa e o Biqueira sétimo e noveno en infantil, o conxunto alevín do Vilarousa, sétimo, o prebenxamín do C.X.R. Arousa, noveno, e décimo o sénior do Grand Jeté.