«Felinidade», arte con causa na Illa de Arousa

A gala pretende recaudar fondos cos que botarlle unha man ás colonias de gatos que habitan nos máis diversos lugares do municipio


Sábado 3 • Auditorio da Illa de Arousa • 5 euros de entrada • O auditorio da Illa acollerá este sábado un espectáculo con causa. Con boa causa. Falamos da gala benéfica Felinidade, coa que se pretende recaudar fondos cos que botarlle unha man ás colonias de gatos que habitan nos máis diversos lugares do municipio. Os pases para gozar desta función están á venda en varios puntos da Vila. Así que se queren ver o espectáculo que ofrece a Escola de Danza Perla de Arousa, non se demoren demasiado en pasar por a Escola Perla de Arousa (Vilagarcía), Gradisela Arousa, Bar O Museo, ou a Administración de Lotarías San Xulián. Consigan o seu pase e logo, reláxense coa danza.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Felinidade», arte con causa na Illa de Arousa